Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 1995 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de equipamentos deportivos en parques e xardíns.

Exponse ó público durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, o prego de cláusulas administrativas particulares regulador da poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de equipamentos deportivos en parques e xardíns.

Simultaneamente, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de equipamentos deportivos en parques e xardíns (Ref. 95/89).

Orzamento: 20.678.241 pesetas (IVE incluído).

Garantías: provisional, 413.565 pesetas; definitiva, 4% do orzamento.

Clasificación esixida: grupo C, subgrupo 4, categoría b.

Modelo de proposición: as proposicións económicas axustaranse ó seguinte modelo:

«Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en... provisto/a de DNI nº..., en representación de..., con domicilio en... (ou en nome propio), informado/a do anuncio de poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de equipamentos deportivos en parques e xardíns e dos pregos de condicións que o regulan, que acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á adxudicación polo prezo de... pesetas (IVE incluído) e no prazo de...

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co resgardo que achego.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en dous sobres pechados no rexistro xeral de entrada deste concello, en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

No anverso dos sobres que conteñan a proposición consignarase o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de equipamentos deportivos en parques e xardíns».

Prego de condicións: poderanse examinar e retirar copia na Unidade de Obras e Concesións, 2º andar do pazo municipal, praza de Mª Pita nº 1, 15001 A Coruña.

A Coruña, 27 de setembro de 1995.

O alcalde

Rubricado

9506297