Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data 25 de agosto de 1995, a subdivisión de unidade de actuación UA-19 en dous sectores, de conformidade co establecido no artigo 116 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese ó trámite de exposición pública e formulación de alegacións durante o prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación derradeira do presente anuncio no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello.

A documentación atópase na oficina técnica municipal para o seu exame e información.

Cangas, 1 de setembro de 1995.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde-presidente

9506298