Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.514

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE AUTÓNOMA DA REXIÓN DE MURCIA

NOTIFICACIÓN de resolución.

Pola presente notificación, poño en coñecemento de Edrosa Lozano, Graciano, que, en virtude do expediente nº 581/1995 resolto pola Dirección Xeral de Transportes e Portos, se lle impón unha sanción de 250.000 ptas. polos seguintes feitos:

Feitos: circular transportando mudanzas desde Murcia ata A Coruña carecendo de tarxeta de transportes. Presenta fotocopia cotexada.

Norma infrinxida: Art. 140 A) L 16/1987 e 197 A) RD 1211/1990. Artigo 143 L. 16/1987 e 201 R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, 30-VII.

Natureza da sanción: moi grave.

E, para que conste e lle sirva de notificación legal nos termos do artigo 59.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó resultar descoñecido no seu domicilio da rúa Ramón Cabanillas, 7, Culleredo, insírese a presente notificación no Diario Oficial de Galicia, facéndolle saber ó interesado o dereito que o asiste de interpor recurso ordinario no prazo de un mes, a partir do seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente, nos termos dos artigos 122 e seguintes da Lei de procedemento administrativo.

Antonio López-Sánchez Solís de Querol

Director xeral de Transportes e Comunicacións

95-6469