Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.514

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. (MEDTEC), precisa adquirir para a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia 061:

Un equipo de gravación.

Coas seguintes características:

-16 canais de gravación (teléfono e radio).

-Almacenamento provisional en HD.

-Almacanamento definitivo en cintas dixitais.

-Dobre mecanismo de gravación.

-Sistema de seguridade para a escoita das gravacións.

-Sistemas de busca por data, hora e canal.

Envío de ofertas ó apartado 178 de Santiago de Compostela, coa referencia OP/061.

Límite de recepción de ofertas: 15 días desde a presente publicación.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Xosé Carlos Abal López-Valeiras

Director Xerente