Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Aprobados pola comisión de goberno os pregos de condicións económico-administrativas que rexerán para a contratación mediante concurso con procedemento aberto para contrata-los servicios de xardinería das zonas do termo municipal que figuran no anexo dos ditos pregos, expóñense ó público durante o prazo de oito días contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, para efectos de presentación de reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso con procedemento aberto, se ben a licitación se aprazará cando cumpra no suposto de se formularen reclamacións contra o prego de condicións.

Obxecto: contratación de servicios de labores de corta, rega, plantacións, poda de árbores, remoción de terras e outros propios da xardinería.

Duración do contrato: un ano; e renovarase tacitamente por anualidades.

Documentación: os pregos de condicións están a disposición dos interesados na secretaría do concello, de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Modelo de proposición: está contido no prego de condicións.

Prazo de presentación: finaliza ás 14 horas do décimo terceiro día hábil seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de proposicións: o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo anterior, ás 13 horas.

Sada, 18 de setembro de 1995.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

6266