Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización e tratamento de prazas X,Y e Z nas U.E.I, II e III do PERI I-07 Hispanidade-Falda do Castro.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 18 de xullo de 1995, o proxecto de urbanización e tratamento de prazas X, Y e Z no Peri I-07 Hispanidade-Falda do Castro, área de actuación I,.U.E. 1, 2 e 3 (3899/401), redactado polo doutor arquitecto José A. Martín Curty e visado polo COAG, con datas 24 de marzo e 7 de xuño de 1995, coas precisións feitas polo enxeñeiro técnico de obras públicas de planamento; sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais. Este acordo condiciónase á constitución dunha entidade de mantemento dos lugares públicos.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

De non presentarse alegacións durante a exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de informática para exame e alegacións.

Vigo, 11 de setembro de 1995.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

95-6411