Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de outubro 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da subministración consistente na adquisición de 8.000 doses de seme de gando vacún de raza frisona para o Plan Integral de Mellora Xenética.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: contratación da subministración por concurso público consistente na adquisición de 8.000 doses de seme de gando vacún de raza frisona para o Plan Integral de Mellora Xenética, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: trinta e oito millóns catrocentas mil pesetas (38.400.000 ptas.).

Fianza provisional: sesenta e oito mil pesetas (768.000 ptas.).

Fianza definitiva: millón cincocentas trinta e seis mil pesetas (1.536.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 24 de novembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 28 de novembro de 1995.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Orde (13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9506502