Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, da subministración consistente na realización de 1.300 exemplares do libro anuario de estatística agraria 1994.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: contratación da subministración por concurso público consistente na realización de 1.300 exemplares do libro anuario de estatística agraria 1994, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: seis millóns de pesetas (6.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: duascentas corenta mil pesetas (240.000 ptas.).

Exposición dos pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Estudios e Publicacións da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ( San Lázaro, 65, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 7 de novembro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 10 de novembro de 1995.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

(Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secreatrio xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6301