Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para as obras de acabado da urbanización do campus de Elviña no ámbito das facultades de Dereito e Humanidades (expediente número 3070/1995).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para as obras de acabado da urbanización do campus de Elviña no ámbito das facultades de Dereito e Humanidades.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: trescentos sesenta millóns vintecinco mil novecentas vinteunha pesetas (360.025.921 ptas.).

Garantía provisional: sete millóns duascentas mil cincocentas dezaoito pesetas (7.200.518 ptas.).

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría f.

Prazo de execución: 5 meses.

A Coruña, 3 de outubro de 1995.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

9506507