Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1995 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a subministración dunha unidade copiadora a color dixital para a E.T.S. de Arquitectura (expediente número 1035/1995).

Convócase concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a subminis

tración dunha unidade copiadora a color dixital para a E.T.S. de Arquitectura.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de proposicións celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: cinco millóns setenta e catro mil trescentas catorce pesetas (5.074.314 ptas.).

Garantía provisional: cento unha mil catrocentas oitenta e seis pesetas (101.486 ptas.).

A Coruña, 3 de outubro de 1995.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

95-6420