Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 209 do día 31 de outubro de 1995, cómpre face-la súa corrección, polo cal,
DISPOÑO:
1º) Onde di: «Data e lugar de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, o primeiro día hábil despois de rematado o prazo de admisión de proposicións», debe dicir: «Lugar, hora e data de apertura das proposicións: na Secretaría Xeral para o Turismo, ás 12.30 horas, do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións».
2º) A presente corrección non altera os prazos establecidos na resolución de referencia.
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.
P.D. (Orde 21-5-1990)
Francisco García-Bobadilla Prósper
Secretario xeral para o Turismo
95-7048