Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación dos traballos de redacción do proxecto básico e de execución do edificio multiusos e preparación de terreos para a construcción de vivendas de promoción pública en Vilalba.

1. Obxecto: realización dos traballos de redacción do proxecto básico e de execución do edificio multiusos e preparación de terreos para a construcción de vivendas de promoción pública en Vilalba.

2. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, como así mesmo os pregos de prescricións técnicas particulares estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificio San Caetano.

3. Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se adxunta anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Clasificación: os licitadores deberán presentar certificado de clasificación de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas.

5. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en horas de rexistro, ata as catorce horas do vixésimo sexto día, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións verificarase pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do cuarto día hábil que non coincida en sábado, de rematado o prazo de presentación de proposicións.

7. Documentación que deben achega los licitadores: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-07186