Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 07 de novembro de 1995 Páx. 8.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación polo sistema de concurso aberto das obras de clave PO-07-28-94/608 e PO-38-10-95/607.

A) Obras.

1. Rampla de varada no porto de Tragove (Cambados).

Clave: PO-07-28-94/608.

Orzamento: cento oitenta e oito millóns oitocentas vintetrés mil cincocentas seis (188.823.506).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo F, subgrupo 1, categoría e. Grupo F, subgrupo 2, categoría e. Grupo F, subgrupo 3, categoría e.

2. Preparación das lonxas de Vilaboa, Cambados, Portonovo, Cangas, Moaña, Arcade, Cesantes, Baiona, A Guarda e Vilanova.

Clave: PO-38-10-95/607.

Orzamento: cincuenta e seis millóns oitocentas cincuenta e sete mil cincocentas oitenta e seis (56.857.586).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría c.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estará de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu examen, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles exisen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no artigo 36.2º da LCAP e unha fianza definicita equivalente o 4% do orzamento de contrata. A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposición deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persolamente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do sexto día hábil que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación das proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

95-07247