Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4367 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); r/ Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: L.M.T. subterránea e C.T. para o edificio Isidro Rodríguez e outro (único), na Avda. José Antonio (Lourenzá).

Orixe da liña: no C.T. Ermida.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local do edificio r/ José Antonio (Lourenzá).

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 330 metros, conductor designación D.H.V. 15/25, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000 + - 5% V/398/220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio de Isidro Rodríguez e outro (único), na rúa Avda. José Antonio en Lourenzá.

Orzamento: 1.442.550 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 12 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6958