Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4364 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Vivendas Sociais, en Lourenzá.

Orixe da liña: nunha torre metálica da liña aérea de media tensión Mondoñedo-Foz.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local edificio Vivendas Sociais.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 520 metros, conductor designación D.H.V. 15/25, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000 + - 5% V/398-220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Vivendas Sociais, Lourenzá.

Orzamento: 15.661.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 13 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6959