Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4369 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Construcciones Fontenla no Camiño de Romai-Lugo.

Orixe da liña: na L.M.T. Meilán-Castiñeiro.

Final: no C.T. que se vai instalar.

Situación do transformador: no local do baixo do edificio.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x150 mm Al, designación

UNE D.H.V. 15/20 kV, de 240 metros de lonxitude. Centro de transformación, de 1x400 kVA 20.000 + - 5% /398-230 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Construcciónes Fontenla no Camiño de Romai-Lugo.

Orzamento: 3.853.375 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 14 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6955