Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4361 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) rúa cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación en Donalbai-Begonte.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica en Donalbai, no concello de Begonte.

Características principais: liña de media tensión derivación ó C.T. de Donalbai, cunha lonxitude de 20 metros, de 20 kV, en conductor LA-56, de 54,6 mm de sección, sobre apoios de formigón e torres metálicas, según do a RU 6703B. Rede de baixa tensión do C.T. Donalbai, cunha lonxitude de 2.750 metros e rede de baixa tensión do C.T. de Casa Sabino, cunha lonxitude de 450 metros, en conductor R.Z. 95-50, tomando servicio do C.T. de Gaioso. Centro de transformación de tipo intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoios metálicos, para dar servicio eléctrico ós lugares de Donalbai e Casa Sabino, no concello de Begonte.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 14.140.260 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6954