Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4370 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA)r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación de Veiga de Acea-Castro de Rei.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico no lugar de Veiga a Acea, en Castro de Rei.

Características principais: liñas de media tensión a 20 kV, de 59 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre torres metálicas tipo C segundo RU-6704-A. Centro de transformación de 100 kVA. 20.000/380-220 V, instalado sobre unha torre metálica o remate da L.M.T. Liñas de baixa tensión, en conductores R.Z. 95/50/25, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para dar servicio eléctrico ó lugar de Veiga de Acea, no concello de Castro de Rei.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 9.379.821 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6968