Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1995, da Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de concentración parcelaria da zona de Santiso (Lalín-Pontevedra).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Santiso (Lalín-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 199/1984 do 10 de outubro (DOG 23-02-85), o seguinte:

Primeiro.-Con data 18 de xullo de 1995 o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de

Santiso (Lalín-Pontevedra), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto o público no Concello de Lalín, na Cámara Agraria Local e na parroquia, durante trinta días hábiles, desde que sexan publicados os avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, e poderán os recorrentes presenta-los recursos no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Benito Corbal, 47-7º Pontevedra), nas oficinas centrais da consellería (Edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da L.R.X. das Admóns. públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente neste a quen teñan que facerlle as notificacións.

Advírtese, ademáis, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos, 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Pontevedra, 11 de setembro de 1995.

José Félix Hernáez Ruiz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

95-07251