Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio de transporte público regular permanente de uso xeral de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-2489 de Barxeles a varias localidades.

Francisco Perdiz López, titular da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-2489, de Barxeles a varias localidades, constituíu unha sociedade de responsabilidade limitada denominada Autocares Francisco Perdiz, S.L., e solicitou dela o cambio de titularidade da citada concesión.

Con data 30 de xuño de 1995, a Dirección Xeral de Transportes autorizou o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular de transporte de viaxeiros por estrada a feiras e mercados: V-2489, a favor de Autocares Francisco Perdiz, S.L.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

7299