A) Asistencia técnica.
1.-Asistencia técnica para redacción do estudio informativo, cartografía e impacto ambiental da nova estrada variante de Vilalba.
Clave: N/LU/91.22
Orzamento: catro millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas nove pesetas (4.999.809).
Prazo de execución: 10 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
2.-Asistencia técnica de redacción do proxecto de acondicionamento da estrada C-550. Treito: Lestrove-Bexo.
Clave: N/AC/87.8.1
Orzamento: dez millóns trescentas dezasete mil cento dez pesetas (10.317.110).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.
3.-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada LU-201. Treito: A Barrela-Límite Provincia.
Clave: N/LU/91.17
Orzamento: once millóns catrocentas cincuenta e cinco mil novecentas corenta pesetas (11.455.940).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.
4.-Asistencia técnica de redacción do proxecto de acondicionamento da estrada C-540. Treito: Oza dos Ríos-autovía do Noroeste.
Clave: N/AC/90.2.2
Orzamento: dez millóns duascentas sesenta e oito mil setecentas noventa e seis pesetas (10.268.796).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A.
5.-Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-450. Treito: Bertamiráns-Negreira.
Clave: N/AC/91.3.2
Orzamento: dezaseis millóns catrocentas cincuenta e cinco mil cincuenta e oito pesetas (16.455.058).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría B.
6.-Asistencia técnica Voó, apoio e restitución analitica da estrada PO-200. Treito: Laro-Cachafeiro.
Clave: N/PO/90.8.4
Orzamento: cinco millóns noventa e nove mil cento noventa e oito pesetas (5.099.198).
Prazo de execución: 2 meses.
Clasificación: non se esixe.
7.-Asistencia tecnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-536. Treito: Alto da Cerdeira-P. de Trives.
Clave: N/OU/85.5.3
Orzamento: dezaseis millóns oitocentas corenta e nove mil cento sesenta e dúas pesetas (16.849.162).
Prazo de execución: 17 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
8.-Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-234. Treito: Corredoiras-Arzúa.
Clave: N/AC/89.3
Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035).
Prazo de execución: 16 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
(Declaradas urxentes consonte o establecido no artigo 72 da Lei 1371995, de contratos das administracións públicas).
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que específica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se lle xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1995.
José Antonio Fernández Vazquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e vivenda
95-07058

