Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN 2 novembro 1995 pola que se anuncia polo sistema de concurso de procedemento aberto a redacción do proxecto, declarado de urxencia de ampliación das escolas universitarias de enxeñería técnica industrial e de empresariais en Vigo.

Esta Consellería, unha vez cumprido-los trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a redacción do proxecto:

-Ampliación das escolas universitarias de enxeñería técnica industrial e de empresariais en Vigo.

Orzamento de licitación: 14.981.280 ptas. (catorce millóns novecentas oitenta e unha mil duascentas oitenta pesetas).

Clasificación requirida grupo II, subgrupo 4, categoría C.

Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de cláusulas técnicas estarán ó dispor do público na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, das dez a catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares e técnicas tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: rematará ó décimo terceiro día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 7.2 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 7 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, a fin de que se enmenden, dentro do prazo que se indique os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: realizaráa a mesa de contratación ás 12 horas do terceiro día hábil siguiente o de remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas desta Consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995 .

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-6405