Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.251

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 117-1/1995).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Fuciños Rivas, S.L.

Enderezo social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide.

Denominación: C.T. e R.B.T. de Niñodaguia.

Situación: Niñodaguia-Santiso.

Características técnicas: Reforma C.T. tipo caseta, a 20 kV, denominada Portocelo e a sua rede de baixa tensión de 2.150 m en conductor R.Z. Concello de Santiso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6961