Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4360 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA); r/ cidade de viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación nas Pallotas, Martín, no concello de Begonte.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica nas Pallotas-Martín.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV, derivación ó C.T. das Pallotas, con entrocamento na L.M.T. Vilalba-Baamonde e rematará no proxectado C.T. das Pallotas, cunha lonxitude de 784 metros, en conductor LA-56, sobre apoios de formigón ou metálicos. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V, tipo intemperie, sobre apoio metálico. Liña de baixa tensión en conductor R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, cunha lonxitude de 800 metros, para dar servicio eléctrico ós lugares das Pallotas-Martín, no concello de Begonte.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 7.106.465 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6911