Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.s. e centro de seccionamento Toys "R" U.S., coas seguintes características especiais:
Peticionario:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.42.26 Balaídos-circuíto industrial entre os CC.TT. Coia e Freiremar ata o centro de seccionamento que se proxecta en Toys "R" U.S., concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.
Centro de seccionamento con tres celas de liña CML-SF6.
Orzamento: 3.904.350 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 19 de setembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-6912

