Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 336/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. en Baiuca-Portocelo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Eléctrica de Catoira, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Baiuca-Portocelo, concello de Catoira.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aéreo-subterránea, sendo o tramo aéreo de 2.360 m de lonxitude, con conductores tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e o tramo subterráneo de 200 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Orzamento: 14.102.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-7009