Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. Cooperativa Vivendas Pol. As Fontiñas.
Situación: Santiago de Compostela
Características técnicas: L.M.T. subterránea D.C. a 20 kV e de 135 m de lonxitude, en conductor R.H.V 3(1x240 mm Al) que parte da L.M.T. subterránea Rocha-San Caetano e remata no C.T. que se vai construír no polígono das Fontiñas nº 2 de Cooperativa de Vivendas Compostela, de 1.000 kVA, a 380/220 voltios. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 9 de outubro de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-7011

