Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 09 de novembro de 1995 Páx. 8.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia o concurso público número 19/95-I, polo trámite de urxencia, para a subministración dun ecógrafo e un sistema de análise holter.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la seguinte subministración:

Obxecto: a subministración dun ecógrafo e un sistema de análise holter.

Orzamento: por un orzamento de 15.000.000 de ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: por un importe de 300.000 ptas.

Fianza definitiva: por un importe de 600.000 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

Criterios de adxudicación:

-Características técnicas (35%).

-Características funcionais (30%).

-Prezo (20%).

-Servicio técnico (10%).

-Prazo de entrega (5%).

Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso público deberán de ser entregados no prazo dun mes contado a partir da data de notificación da adxudicación.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Tfno. (982) 29 65 52, e fax (982) 21 29 24.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospi

talario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 29 de setembro de 1995.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

9507271