A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la seguinte subministración:
Obxecto: a subministración de aparellos para anatomía patolóxica e un equipo intensificador de imaxe.
Orzamento: por un orzamento de 11.500.000 ptas., IVE incluído.
Fianza provisional: por un importe de 230.000 ptas.
Fianza definitiva: por un importe de 460.000 ptas.
Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.
Criterios de adxudicación:
-Características técnicas (35%).
-Características funcionais (30%).
-Prezo (20%).
-Servicio técnico (10%).
-Prazo de entrega (5%).
Prazo de entrega: os equipos obxecto do presente concurso público deberán de ser entregados no prazo dun mes contado a partir da data de notificación da adxudicación.
Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.
Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Tfno. (982) 29 65 52, e fax (982) 21 29 24.
Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 29 de setembro de 1995.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
9507270

