Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 43-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Enderezo social: Avda. A. Tomé, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. subterránea do C.T. de Ventosa ó C.T. r/ Pontevedra.

Situación: Santa Comba.

Descripcións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 15/25 kV de 3(1x95) mm Al, de 580 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ventosa e remate no C.T. da rúa Pontevedra. Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7544