Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle outorga a Gas Galicia SDG, S.A a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de construcción do centro de almacenamento de GLP e emisión de aire propanado (primeira fase) e rede de distribución de gas na cidade de Ourense.

Por orde da Consellería de Industria e Comercio do 3 de maio de 1995 outorgouse a Gas Galicia, SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Ourense e San Cibrao das Viñas, así como para a subministración de aire propanado, nunha primeira etapa, no termo municipal de Ourense.

A empresa, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20, en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, solicitou da Dirección Xeral de Industria a aprobación do proxecto de autorización administrativa do centro de almacenamento de GLP e de emisión de aire propanado para a distribución de gas na cidade de Ourense (1ª fase) e a do proxecto de autorización das instalacións de rede de distribución de gas na cidade de Ourense, así como a autorización das instalacións descritas neste e que se relacionan a continuación:

-Instalación dun conxunto de descarga e almacenamento de GLP de 236 m de capacidade.

-Instalación dun conxunto de vaporización de GLP e emisión de aire propanado de 13.500 kcal/Nm de 3.000 Nm/h de capacidade.

-Instalación complementaria dentro do recinto, de acordo coas características definidas no proxecto correspondente.

-Tendido das redes de polietileno de aproximación e distribución a media presión B(MPB), cara os núcleos de consumo 1ª fase.

-Instalación de 3 estacións de regulación MPB/MPA na Avda. Zamora, rúa Emilia Pardo Bazán e rúa Curros Enríquez.

-Tendido das redes de polietileno de distribución a media presión B(MPB) e a media presión A (MPA) de conexión a usuarios.

Cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto, logo do informe favorable da Delegación Provincial desta consellería en Ourense, a Dirección Xeral de Industria en virtude do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias,

RESOLVO:

Autoriza-las instalcións e aproba-los proxectos de referencia de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro e normas que o complementan; o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974 e disposicións complementarias e modificadoras; o Regulamento sobre instalacións de almacenamento de gases licuados do petróleo (GLP) en depósitos fixos para o seu consumo en instalacións receptoras, aprobado pola Orde do 29 de xaneiro de 1986; a Orde do 3 de maio de 1995, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, pola que se outorgou a correspondente concesión administrativa a Gas Galicia SDG, S.A. e demais normativa e directrices vixentes.

Segunda.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de un ano a partir da data desta resolución.

Terceira.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran nos proxectos presentados pola empresa concesionaria, subscritos polo enxeñeiro industrial Gabriel Collado Rodríguez, cun orzamento de cento cuarenta e oito millóns, oitocentas noventa e nove mil dezasete de pesetas.

Cuarta.-As características e datos básicos das instalacións que se autorizan son as seguintes:

a) Gas que se distribuirá: aire propanado intercambiable co gas natural, de 13.500 kcal/Nm.

b) Presións de servicio:

-Rede primaria :0,4 bar (primeira fase) e 4,0 bar (segunda fase).

-Rede secundaria: 0,1 bar (primeira e segunda fase).

c) Instalacións de GLP e aire propanado:

-Instalación de descarga de cisternas.

-Instalación de almacenamento.

-Instalación de vaporización.

-Instalación de producción de auga quente.

-Instalación de regulación de presión.

-Instalación de mestura.

-Instalacións complementarias.

d) Redes de distribución:

A entrega do gas realizarase á rede primaria, formada por un ramal de polietileno de 200 mm de diámetro e 5.832 m de lonxitude, que parte da planta de aire propanado ata o anel que circunvala a zona oeste da cidade, distribuíndo o gas en MPB ós grandes consumidores e á rede secundaria, formada por aneis de 200, 160 e 110 mm de diámetro e 6.697 m de lonxitude, distribuíndo o gas ós pequenos consumidores.

A entrega de gas da rede primaria á rede secundaria realízase a través de estacións de regulación.

O trazado discorre por vías urbanas e de uso público, sen que existan cruces especiais nin afeccións de terreos e/ou servidumes de paso a particulares.

Quinta.-A compañía subministradora Gas Galicia SDG, S.A. facilitará ó servicio de bombeiros, concello e ós organismos con competencia en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características principais destas. Esta documentación será copia da que terá actualizada en arquivo a compañía subministradora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Sexta.-Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial en Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas. Previamente ó levantamento da acta de posta en marcha solicitará da empresa distribuidora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e terminación de obra, asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente, no que conste que a construcción e montaxe das instalacións se efectuaron de acordo co proxecto correspondente, acreditando así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sétima.- Gas Galicia, SDG, S.A. iniciará a subministración de gas no prazo dun mes contado a partir da data en que a delegación provincial formalice a acta de posta en marcha.

Oitava.-As instalacións receptoras de gas deberán cumpri-la normativa específica aplicable para a súa posta en servicio.

Novena. -Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Décima.- A Administración reserva para sí o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes a contar desde a súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9507552