Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 25 de outubro de 1995 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no rexistro de fundacións de interese galego a Fundación O Grelo (Amigos de Galicia).

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no rexistro de fundacións de interese galego da fundación O Grelo (Amigos de Galicia).

Supostos de feito:

Primeiro.-O 10 de xullo de 1995 solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no rexistro de fundacións de interese galego da fundación O Grelo (Amigos de Galicia) por medio de escrito presentado por Jesús Busto Peteiro, en representación da fundación.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública, outorgada en Pontevedra, o día 30 de xuño de 1995, perante o notario César Cunqueiro González-Seco, co número mil catrocentos cincuenta e sete do seu protocolo, por Jesús Busto Peteiro, Jesús Lombardía Lorenzo, Jesús Vaamonde Polo, José Peteiro García, José-Luis Vázquez Pérez, Luis Rial Suárez, Blanca-Coromoto Gómez Méndez, José-María Lombardero Iglesias e Antonio Míguez Monroy, intervindo todos no seu propio nome e debidamente acreditados.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como cultural da Fundación O Grelo (Amigos de Galicia), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das

fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Cultura.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 27 de xullo de 1995 (DOG do 9 de agosto) clasificouse como cultural a Fundación O Grelo (Amigos de Galicia), tendo en conta o disposto no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é o de promociona-lo idioma galego: as súas letras, as súas artes, a súa cultura e axudar a escritores, pintores etc. Promociona-los productos galegos e, en especial, a súa gastronomía. E axudar dun xeito especial os galegos que na emigración pasan necesidades económicas sen esquecerse dos que viven en Galicia. Patrocinar premios que estimulen estes fins.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na restante documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación O Grelo (Amigos de Galicia), capacidade xurídica, enderezo e obxecto.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: Jesús Busto Peteiro.

Vicepresidente: José María Lombardero Iglesias.

Secretario: José Luis Vázquez Pérez.

Tesoureiro: Luis Rial Suárez.

Voceiros:

Luis Rial Suárez.

Jesús Vaamonde.

Vocais:

Jesús Lombardía Lorenzo.

Blanca-Coromoto Gómez Méndez.

José Peteiro García.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e ins

crición no rexistro de fundacións de interese galego da Fundación O Grelo (Amigos de Galicia), dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establece a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do excercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentárselle ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no rexistro de fundacións da sección de fundacións da Consellería de Cultura segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992. Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación O Grelo (Amigos de Galicia).

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de fundacións de interese galego, sección de fundacións da Consellería de Cultura.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obrigación de da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, e queda obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, e debe solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

7688