O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar mediante procedemento aberto os seguintes concursos públicos para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:
Obxecto.
-Material de laboratorio para bioconversión de materiais celulósicos (Exp. nº 46/1995).
-Cromatógrafo iónico (Exp. nº 49/1995).
-Material para completar equipamento de invernadoiro (Exp. nº 51/1995).
-Liofilizador (Exp. nº 52/1995).
Orzamentos de licitación e prazos máximos de entrega:
-Exp. nº 46/1995: 7.900.000 ptas. IVE incluído. 1 mes.
-Exp. nº 49/1995: 2.994.998 ptas. IVE incluído. 1 mes.
-Exp. nº 51/1995: 3.000.000 de ptas. IVE incluído. 2 meses.
-Exp. nº 52/1995: 3.000.000 de ptas. IVE incluído. 2 meses.
Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.
Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.
Pregos de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/Oporto, 1-2ª andar, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/Oporto, 1-planta baixa. C.P. 36201 Vigo (Pontevedra), de 9 a 14 horas, de luns a sábado.
Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.
Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do Rectorado, r/Oporto nº 1, Vigo (Pontevedra), ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas (no caso de cadrar en sábado, terá lugar o luns seguinte).
Acreditación da solvencia económico-financeira e técnica polos licitadores.
-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais; declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios; e tratándose de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.
-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que se van subministrar. Relación das principais sbuministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicarase o seu importe, datas e os detinatarios públicos ou privados, incorporando os seus correspondentes certificados.
Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que se van subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción destes.
Non se admitirán variantes ou alternativas.
O importe deste anuncio correrá a cargo do/s adxudicatario/s.
Vigo, 3 de novembro de 1995.
(Por Resolución 13-3-1995)
José Pose Blanco
Vicerrector de Economía
7480