Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 23 de novembro de 1995 Páx. 8.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización na rúa Peliquín, esquina a Camiño do Castro, promovido por Orlando Julián Iglesias Suárez.

Ponse en coñecemento xeral, que, en virtude do disposto no Art. 117.3º do TRLS, o Concello Pleno en sesión ordinaria celebrada o día 8 de setembro de 1995 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Peliquín, esquina ó Camiño do Castro, promovido por Orlando Julián Iglesias Suárez, e deberá o interesado aboa-las taxas correspondentes a este tipo de proxectos.

2.-Somete-lo expedente a información pública polo prazo de quince días, mediante anuncios no BOP, Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia.

Poderán achegarse alegacións no prazo sinalado, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

O referido expediente encóntrase á disposición dos interesados no departamento de Xestión e Promoción Urbana.

Ourense, 19 de outubro de 1995.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde de Ourense

7526