Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1995 pola que se cita ós interesados para o levantamento das actas de pagamento e ocupación na expropiación seguida para a execución do parque empresarial de Bueu.

O presente expediente de expropiación forzosa foi aprobado polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data 10 de novembro de 1995. De conformidade co establecido no artigo 220 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, a resolución do órgano autonómico implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Pagamento: de conformidade co disposto no artigo 222 da Lei 1/1992, do 26 de xuño, e artigos 205 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, o Instituto Galego da Vivenda e Solo sinalou a data do pagamento ou consignación, de selo caso, do prezo

xusto, o cal terá lugar o día 28 de decembro de 1995, a partir das 10 horas.

O que se fai público para o xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se lles fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste que se emitiu a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu lugar, os títulos xustificativos do seu dereito, completados con certificación negativa ó rexistro da propiedade referida ó mesmo predio descrito nos títulos, consonte o artigo 222 da Lei 1/1992, de 26 de xuño, e artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística, aprobado por R.D.L. 3288/1978, do 25 de agosto. Non se admitirá representación se non é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso, e que deberá identificarse co DNI ou, en todo caso, polo coñecemento directo que testifiquen alcalde ou o secretario do concello.

Ocupación: de acordo co artigo 223 da Lei 1/1992, do 26 de xuño, e 209 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, para proceder ó levantamento das actas de ocupación, deberan asisti-los titulares persoalmente, ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuaren no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI, o último recibo do imposto sobre bens inmobles, en caso de representación, ou poder suficiente, podendo asistir acompañado pola súa conta, se o considera oportuno, dos seus peritos ou un notario.

En consecuencia, convócase os titulares dos ben e dereitos afectados polo expediente de referencia, para que comparezan co obxecto de proceder ó pagamento e ó levantamento das actas de ocupación dos predios afectados.

Lugar de pagamento e levantamento das actas de ocupación: Casa do Concello de Bueu, en presencia do representante da Administración, do alcalde e do secretario do concello.

Día 28 de decembro, ás 10 horas, os seguintes titulares:

PredioTitular

14Banco Pastor

15Manuel Pousa Portela

16José Miranda Freire

25Josefa Castro Rúa

26Carmen Mariño Agulla

27Maximino Vila Juncal

28-BSalvador Monte Portela e Claudio Cabaleiro Álvarez

29Alfredo García Castro

29-ARudino Acuña Soliño e E. Bacelas Montejano

29-BJosefa Pérez Ferradas

PredioTitular

29-CDescoñecido

30-ARamón Agulla Crespo

30-CRamón Agulla Crespo

32Maximino Novas Cabral

100Manuel Chapela Ríos

101Manuel Chapela Ríos

103-AJosé M. Loira Costas

103-BFrancisco Ríos Rodríguez

104Hros. Eugenia Ríos Rodríguez

105Hros. Manuela Aldao Portela

106José M. Aldao Portela

107Esperanza Freire Aldao

108Manuel Aldao Portas

109Antonio Castillo e José Sotela

126-AFrancisco Sanmartín Agulla

126-BSantiago Padín Pereira

126-CEsther Malvido López

126-DHdos. Josefa Senín Cerviño

126-EConstrucciones Hnos. Chapela

Día 28 de decembro, ás 16 horas, os seguintes titulares:

PredioTitular

129-ANodosa, S.L.

129-BManuel Dopico e Jaime L. Novás

129-CNodosa, S.L.

130Banco Bilbao

133Julio Rodríguez Hermida

134-BAgustín Gutiérrez Estévez

135Descoñecido

136Jesús Arias Barreiro

139J. Loira Costas

140Mª Carmen Sanjorge Martínez

141Descoñecido

142Antonio Novoa Danid

145Ramón Chapela Ríos

148Estrella Rodríguez Campos

155Benito Lorenzo González

156Ángel Chapela González

157J.Benito Alfaya Herbello

158J. Loira Costas

159Jesús Parada Malvido

PredioTitular

160Agustín Gutiérrez Estévez

161José Mª Cabaleiro Caramés

162Descoñecido

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo