Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación das subministracións que se indican (expediente número 53/1995).

Este rectorado, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, mediante procedemento aberto, o seguinte concurso público para a adxudicación das subministracións que a continuación se relacionan:

Obxecto: microscopio esteroscopio na Facultade de Ciencias (Exp. nº 53/1995).

Orzamentos de licitación e prazos máximos de entrega: Exp. nº 53/1995: 2.995.120 ptas. (IVE incluído) - 90 días.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultalos ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201, Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, C.P. 36201, Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, nº 1-Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó da data límite de presentación de ofertas (no caso de coincidir en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes: informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xus

tificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais; declaración sobre a cifra global de negocios e das subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios; se se trata de sociedades, presentación de balances ou extractos de balances, se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que hai que subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, e incorporando os correspondentes certificados destes.

Información adicional: o prazo mínimo de garartia dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción destes.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio correrá por conta do/s adxudicatario/s.

Vigo, 16 de novembro de 1995.

P.D. (R. l8-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía