Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 05 de decembro de 1995 Páx. 9.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1995 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación da subministración que se cita (expediente número 60/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, mediante procedemento aberto, o seguinte concurso público para a adxudicación da subministracion que a continuación se relaciona:

Obxecto: placa para sistema de ordenador (Exp. nº 60/1995).

Orzamento de licitación e prazo máximo de entrega: 2.999.984 ptas. (IVE incluído) - un mes.

Licitadores: persoas físicas ou xurídicas que reúnan os requisitos esixidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: as indicadas nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Prego de cláusulas: tódolos interesados poderán consultalos ou recolle-los pregos no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201, Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación de ofertas: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-planta baixa, C P. 36201, Vigo (Pontevedra) das 9 ás 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas, comezará o día seguinte ó da publicación

da presente resolución no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural ás 14 horas.

Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas do rectorado, r/ Oporto, nº 1 - Vigo (Pontevedra), ás 11 horas do segundo día hábil seguinte ó da data límite de presentación de ofertas (no caso de coincidir en sábado terá lugar o luns seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polos licitadores:

-Solvencia económica e financeira: poderase acreditar por calquera dos medios a que se refire o artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

-Solvencia técnica: mostras, descricións e fotografía dos productos que hai que subministrar. Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e os destinatarios públicos ou privados, e incorporación dos correspondentes certificados sobre eles.

Información adicional: o prazo mínimo de garantía dos bens que hai que subministrar fíxase nun ano contado desde a recepción destes.

Non se admitirán variantes ou alternativas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 24 de novembro de 1995.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía