0 Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do día 19 de maio deste ano, aprobou o prego de prescricións técnicas e condicións xurídicas e económico-administrativas para a contratación, mediante concurso, dos traballos de asistencia técnica consistentes na realización dun estudio xeral sobre o tráfico e o transporte no termo municipal. O prego someteuse a información pública por espacio de 8 días hábiles para efectos de reclamacións e suxestións, mediante anuncio no BOP nº 106, do 6 de xuño de 1995, e non se formulou reclamación ningunha. A convocatoria da licitación quedou condicionada á dotación económica necesaria para o financiamento dos traballos. Aprobado definitivamente o orzamento xeral para o exercicio de 1995, publicado no BOP nº 182, do 21 de setembro de 1995, anúnciase a convocatoria da contratación mediante concurso.
Obxecto: contratación mediante concurso dos servicios de asistencia técnica para a realización dun estudio xeral sobre tráfico e transporte no municipio de Pontevedra.
Orzamento do contrato: o orzarnento máximo dos traballos a realizar ascende a 14.500.000 ptas. (IVE incluído).
Fianza provisional: depositarase na caixa da corporación contratante, en forma admitida en dereito, en contía de 500.000 ptas.
Presentación de proposicións: no rexistro xeral deste concello, durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Calicia.
Documentos que cómpre presentar: apartado 9 do prego de condicións.
Apertura de pregos: ás doce horas do día seguinte hábil ó da terminación do prazo de presentación de proposicións. Se coincidise en sábado a apertura tería lugar o seguinte día hábil.
Modelo de proposición:
D./Dª..., en nome propio (ou en representación de...), con domicilio para efectos de notificacións en..., informado/a do concurso convocado polo concello para a adxudicación dun contrato de asistencia técnica consistente na realización dun estudio xeral sobre tráfico e transporte no municipio de Pontevedra, publicado no Diario Oficial de Galicia nº ... do día..., comprométome a executa-los traballos con estricta suxeición ás prescricións técnicas e condicións xurídicas e económico-administrativas, do prego regulador, que declaro coñecer, polo prezo
de... (en letra e número), para o que achego a documentación esixida.
Lugar, data e sinatura.
Pontevedra, 29 de setembro de 1995.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

