Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 4-8-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, en data do 18-7-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que existe desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 10 de outubro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector de mármores e pedras para o ano 1995 de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte, as centrais sindicais CC.OO. e UGT, como representación laboral, e da outra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (Sección de Mármores e Pedras), en representación empresarial.

b) Ámbalas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que

se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

(Redactado segundo o artigo 2 do convenio colectivo xeral da construcción, C.X.C.).

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción), alínea a), segundo o artigo 13 do convenio xeral da construcción.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º.d do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1995.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen codicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto nel que, apreciado no seu conxunto e sendo posterior, se considera norma máis favorable polas representacións asinantes.

(Redactado segundo o artigo 19 C.X.C.).

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomasen parte na negociación do convenio. Unha e outra poderanse dotar de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa

preparación son adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo aportar para iso a documentación precisa e asinando nel.

(Redactado segundo o artigo 24 C.X.C.).

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través da entidade aseguradora.

Os resultados seranlle facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra:

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos.

Primeiro: con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberase producir cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debéndose reducir este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores «fixos de obra» por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberáselle comunicar por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este preaviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de preaviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo isto sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberase incluír no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo: non obstante o anterior, precedendo acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia

durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos; se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. En canto ó preaviso do cesamento, aplicarase o pactado no suposto primeiro.

Terceiro: se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e o cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contando desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra tivesen desaparecido. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderase incluír no regulado para o suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados nos reais decretos 1989/1984 e 2104/1984, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fose inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fose igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

(Redactado segundo artigos 29 e 30 C.X.C.)

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do Art. 15.1º.b ETT.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no apartado 1.b do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato

poderá ser de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a doce meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de dezaoito meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista no artigo 30 do vixente convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1) O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza serán de libre designación e revogación polas empresas.

2) Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, serán establecidos pola empresa sistemas de carácter obxectivo, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historia profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

(Redactado segundo o artigo 54 C.X.C.).

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3,5% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, pluses salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC o 31 de decembro de 1995 rexistre un incremento superior ó 3,8%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe afectando os conceptos previstos na alínea a) deste artigo.

A revisión levarase a cabo una vez que o INE constate oficialmente o IPC real de 1995, e, cando proceda, aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Tal revisión, calculada sobre os importes e as contías dos conceptos en 1994, servirá de base para o incremento de 1996.

(Redactado segundo o artigo 5 do Acordo Sectorial Nacional para a Construcción).

Artigo 14º.-Antigüidade.

Ata que non se estableza o sistema de permanencia no sector, prevista no convenio xeral da construcción, a antigüidade farase efectiva a base de calcula-los bienios a razón do 5% e os quinquenios ó 10% sobre os salarios base de cada categoría

profesional, ata o tope máximo do 50% do salario base de cada categoría. Respectarase calquera situación actual máis beneficiosa.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1) O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2) As ditas pagas extraordinarias non se devengarán en canto dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3) A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio.

(Redactado segundo o artigo 61 do C.X.C.).

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 5.183 ptas. e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1ª) Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tarefa no momento de comeza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2ª) Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

3ª) Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4ª) A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

5ª) As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboaranlles ós seus traballadores de fábrica ou taller un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 426 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados, o incentivo será de 86 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade conforme as disposicións legais vixentes garantirán

que os seus traballadores poidan alcanzar, como mínimo, a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un plus de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, mesmo cando utilice medios de transporte propios da empresa, en contía de 605 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computará para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 19º.-Traballo en alturas.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a cinco ou máis metros de altura sobre o baleiro terán dereito a que se lles aboe o correspondente plus de altura.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá percibirá un plus de traballo nocturno equivalente ó 25 por cento do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o plus sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

(Redactados segundo artigo 64 do C.X.C.).

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. As horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizase a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no apartado 2º do artigo 68 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de ILT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas complementaranlles ós traballadores afectados a prestación económica por incapacidade laboral transi

toria que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a seguridade social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días máis.

c) En ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 901 ptas. por día a partir do décimo quinto día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio.

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente, total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 4.000.000 de ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou benficiarios do traballador, segundo as normas da seguridade social.

(Redactado segundo o artigo 70 C.X.C.).

Artigo 24º.-Xornada.

1) A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2) A xornada ordinaria anual durante 1995 será de 1.776 horas.

3) Para adapta-la xornada ás 1.776 horas acordadas para o ano 1995, os días 13 de outubro e os días 22 e 29 de decembro, terán consideración de descanso retribuído.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderanse modificar-los días de compensación.

4) Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5) Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xornada partida, poderase cambiar a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo deter

minados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6) O persoal técnico e administrativo desfrutará de xornada continuada do 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7) En cada centro de traballo, a empresa expoñerá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1) O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2) As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3) O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese no transcurso do ano terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación por baixa na empresa.

4) Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade laboral transitoria, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que ó dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se, cando venza, o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de ILT.

5) Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración desta computarase como día de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT.

6) O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7) A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, podéndose aboar, así mesmo, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do convenio xeral da construcción.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo entre doce.

(Redactado segundo o artigo 76 do C.X.C.).

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia, e xustificación posterior, encóntrase facultado para se ausentar do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte.

a) Casamento do traballador/a : 15 días naturais.

b) Casamento de fillos ou irmáns, se se produce fóra da provincia onde o traballador ten o seu centro de traballo: 1 día natural.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeira, se é o caso, pais ou fillos: 6 días naturais; fóra da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Parto da esposa ( ou compañeira): 6 días naturais

f) Morte do cónxuxe (ou compañeira), pais ou fillos: 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais; fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

-Axuda completa: 2.806 ptas.

-Axuda media: 1.113 ptas.

Artigo 28º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación.

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1.-Os traballadores que cumprisen sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a seguir en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na

empresa

IdadeMeses de

indemnización

2 a 5 anos632 meses
6 a 10 anos633 meses
11 a 20 anos634 meses
21 a 30 anos635 meses
Máis de 30 anos636 meses
2 a 5 anos641 mes
6 a 10 anos642 meses

Antigüidade na

empresa

IdadeMeses de

indemnización

11 a 20 anos643 meses
21 a 30 anos644 meses
Máis de 30 anos645 meses

As cifras da columna da dereita, indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2.-Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3.-A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberase facer conforme unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e, pola súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4.-No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderase reducir en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Aplicarase o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os apartados inmediatamente anteriores, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para a obter.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, cunha antigüidade na empresa superior ós dez anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementarán a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a trinta anos.

A xubilación ós 64 anos, segundo o establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concede idénticos dereitos, se é o caso.

(Redactado segundo o artigo 100 do C.X.C.).

Artigo 29º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán roupa de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección; a súa duración será a que se sinala en cada caso.

RoupaParque

bloques

e teares

Serradoiros

pulidoras

Cortadoras

e acabados

Servicios

auxiliares

Fundas e traxes4 meses4 meses4 meses4 meses
Mandís4 meses4 meses4 meses-
Botas4 meses4 meses4 meses4 meses
Luvas1 mes1 mes1 mes1 mes
Zocos12 meses12 meses12 meses-

Por cada peza non entregada nos prazos sinalados o traballador poderá reclamarlle á empresa e esta deberá aboa-las seguintes cantidades:

Funda ou traxes: 4.445 ptas.

Mandís: 2.225 ptas.

Botas: 1.777 ptas.

Luvas: 880 ptas.

Zocos: 3.549 ptas.

A entrega das botas excluirá a de zocos e viceversa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente como regra xeral erradica-la pluriemprego. Para estes efectos coidan necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixentes nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar co obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1.5º do Estatuto dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Segunda.-Ámbalas representacións, empresarial e social, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de traballo para o sector de mármores e pedra manifestan expresamente o acordo de que, se por resolución da Administración, ou, se é o caso, da xurisdicción competente, se declarase a non aplicación obrigatoria do convenio xeral da construcción, publicado no BOE do 20 de maio de 1992, ó sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, resulten nulos e sen aplicación os artigos do citado convenio xeral da construcción así como do acordo sectorial nacional, trasladados ó texto do convenio colectivo provincial antes mencionado.

TÁBOA DE SALARIOS 1995

CategoríasSalario base

mensual

Pagas extras de

xuño, Nadal e

mes vacacións

Art. 15 plus

de asistencia

ptas./mes

Art. 16

Incentivo

ptas./día

Art. 17 plus

de transporte

ptas./día

Total

anual

Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos e os que posúan títulos expedidos por escolas especiais, institutos ou outros organismos112.536161.9025.183426605
Profesores mercantís. Técnicos titulados de topografía e debuxo. Graduados sociais112.536161.9025.183426605
Axudantes técnicos sanitarios. Mestres de ensino, mestres industriais108.913156.8675.183426605

Administrativos
Xefe de primeira110.155158.5925.183426605
Xefe de segunda 98.769142.7665.183426605
Oficial de primeira 91.372132.4845.183426605
Oficial de segunda 83.986122.2185.183426605
Auxiliares telefonista 79.274115.6655.183426605

CategoríasSalario base

mensual

Pagas extras de

xuño, Nadal e

mes vacacións

Art. 15 plus

de asistencia

ptas./mes

Art. 16

Incentivo

ptas./día

Art. 17 plus

de transporte

ptas./día

Total

anual

Aspirantes 61.923 91.5515.183426605

Técnicos non titulados
Encargado xeral106.058152.8965.183426605
Delineante superior 98.769142.7665.183426605
Delineante de primeira 91.372132.4845.183426605
Delineante de segunda 85.917124.9025.183426605
Calcador 79.274115.6655.183426605

Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado 79.374115.8075.183426
Persoal de limpeza 79.374115.8075.183426605605
Xefe de almacén 79.374115.8075.183426605
Botóns de 16 anos 53.834 80.3075.183426605
Botóns de 17 anos 58.542 86.8485.183426605
Almaceneiro 79.374115.8075.183426605

Salario diario
Operarios
Encargado de obra/xefe taller 2.956 4.4095.183426605
Capataz-capataz de cuadrilla 2.856 4.2685.183426605
Contramestre 2.806 4.2005.183426605
Oficial de primeira 2.785 4.1725.183426605
Oficial de segunda 2.732 4.0985.183426605
Oficial de terceira axudante 2.687 4.0325.183426605
Peón especialista 2.661 3.9975.183426605
Peón 2.649 3.9805.183426605
Aprendiz ou pinche de 16 anos 1.902 2.9425.183426605
Aprendiz ou pinche de 17 anos 1.945 3.0025.183426605

TÁBOA DE SALARIOS 1995 PARA MARMORERÍAS

CategoríasSalario base

mensual

Pagas extras de

xuño, Nadal e

mes vacacións

Art. 15 plus

de asistencia

ptas./mes

Art. 16

Incentivo

ptas./día

Art. 17 plus

de transporte

ptas./día

Total

anual

Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos e os que posúan títulos expedidos por escolas especiais, institutos ou outros organismos112.536161.9025.18386605
Profesores mercantís. Técnicos titulados de topografía e debuxo. Graduados sociais112.536161.9025.18386605
Axudantes técnicos sanitarios. Mestres de ensino, mestres industriais108.913156.8675.18386605

Administrativos
Xefe de primeira110.155158.5925.18386605
Xefe de segunda 98.769142.7665.18386605
Oficial de primeira 91.372132.4845.18386605
Oficial de segunda 83.986122.2185.18386605
Auxiliares telefonista 79.274115.6655.18386605
Aspirantes 61.923 91.5515.18386605

Técnicos non titulados
Encargado xeral106.058152.8965.18386605
Delineante superior 98.769142.7665.18386605
Delineante de primeira 91.372132.4845.18386605
Delineante de segunda 85.917124.9025.18386605
Calcador 79.274115.6655.18386605

Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado 79.374115.8075.18386
Persoal de limpeza 79.374115.8075.18386605605
Xefe de almacén 79.374115.8075.18386605
Botóns de 16 anos 53.834 80.3075.18386605
Botóns de 17 anos 58.542 86.8485.18386605
Almaceneiro 79.374115.8075.18386605

CategoríasSalario base

mensual

Pagas extras de

xuño, Nadal e

mes vacacións

Art. 15 plus

de asistencia

ptas./mes

Art. 16

Incentivo

ptas./día

Art. 17 plus

de transporte

ptas./día

Total

anual

Salario diario
Operarios
Encargado de obra/xefe taller 2.956 4.3165.18386605
Capataz-capataz de cuadrilla 2.856 4.1755.18386605
Contramestre 2.806 4.1075.18386605
Oficial de primeira 2.785 4.0785.18386605
Oficial de segunda 2.732 4.0045.18386605
Oficial de terceira axudante 2.687 3.9405.18386605
Peón especialista 2.661 3.9055.18386605
Peón 2.649 3.8865.18386605
Aprendiz ou pinche de 16 anos 1.902 2.8495.18386605
Aprendiz ou pinche de 17 anos 1.945 2.9095.18386605

95-6884