Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.612

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de empresas exportadoras de peixe fresco.

Visto o expedinte do convenio colectivo para o sector de empresas exportadoras de peixe fresco, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-10-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Comercializadores de Pescado de Vigo (Acopevi), e da parte social, pola central sindical CC.OO., o 29-9-1995. De conformidade co disposto no artigo 90º, 2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de trabajo para las empresas reportadoras de peixe fresco da provincia de Pontevedra.

I. Condicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Nos aspectos territorial, funcional e persoal, o presente convenio afecta a tódalas empresas que

teñan como actividade o comercio por xunto de peixe fresco e que estean situadas na provincia de Pontevedra. Afectará a todo o persoal que preste os seus servicios nas citadas empresas e nos seus distintos postos de traballo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Entrará en vigor ós 20 días da súa sinatura, independentemente da súa publicación no DOG.

A súa duración establécese por un ano e os seus efectos económicos enténdense retrotraídos ó 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 3º.-Denuncia.

O convenio entererase prorrogado tacitamente por un ano, agás que sexa denunciado por algunha das partes nos tres últimos meses da súa duración.

Artigo 4º.-Condición máis beneficiosa.

Tódalas melloras obtidas neste convenio establécense con carácter de mínimas. Os pactos actualmente existentes en calquera empresa ou costume máis beneficioso sobre condicións de traballo serán respectados.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras existentes pactadas ou que durante a vixencia do convenio, por disposicións legais, puidesen establecerse.

Artigo 6º.-Comisión mixta de vixilancia.

Para unha mellor interpretación e cumprimento do texto articulado do presente convenio constitúese a comisión mixta de vixilancia, compostas por tres vocais e igual número de suplentes, por cada unha das partes, que velará polo estricto cumprimento da lexislación laboral vixente; ámbalas dúas partes, logo do acordo, designarán ó presidente e secretario desta comisión mixta de vixilancia.

II. Condicións laborais.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada será de 36 horas semanais de traballo efectivo, de luns a sábado, ámbolos dous inclusive; comezarase esta á mesma hora establecida para a poxa de peixe, actualmente fixada ás 7.30 horas.

Calquera modificación habida na hora da poxa, implicará de forma previa a calquera modificación no inicio da súa xornada e o seu debate na comisión mixta de vixilancia do convenio.

Por ser xornada continua, establécese un descanso de 30 minutos que desfrutarán os traballadores entre as 9 e as 12 horas, logo do acordo en cada caso coa respectiva empresa.

Sen prexuízo da xornada exposta, páctase a flexibilidade desta no sentido de que unha vez finalizadas as tarefas, entenderase igualmente finalizada a xornada, contabilizándose as horas non traballadas para os únicos efectos do cómputo que proceda para horas extraordinarias.

Artigo 8º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído do persoal comprendido no presente convenio é de 30 días naturais, establecéndose a data para o seu desfrute desde o 15 de xuño ó 15 de setembro, sempre que fose posible, confeccionándose para tal fin unha lista de vacacións que deberá estar exposta nas empresas antes do 31 de marzo, fixándose no primeiro trimestre do ano, por orde de antigüidade e orde rotativa en sucesivos anos; no caso de non haber acordo, o empresario e o traballador sinalarán, respectivamente, quince días.

Artigo 9º.-Licencias con soldo.

Todo traballador terá dereito a licencia retribuída polas circunstancias e días naturais que se indican:

a) Por matrimonio: 20 días.

b) Por falecemento do cónxuxe, ascendentes, descendentes, irmáns, sogros e cuñados: 5 días. Por falecemento de avós políticos: 1 día.

c) Por enfermidad grave dos familiares anteriores anteriormente citados, excepto o avó político, así como por nacemento de fillo, de 2 a 5 días, dependendo das circunstancias e especialmente do desprazamento a que tal feito dea lugar.

d) Por traslado de domicilio: un día.

Artigo 10º.-Incorporación ó servicio militar.

Durante o tempo que o traballador permaneza incorporado ó servicio militar reservarase a praza que viña desempeñando ata dous meses despois do seu licenciamento, e computarase o tempo que permaneza neste, para efectos de antigüidade, co aboamento durante a súa permanencia en filas, das pagas extraordinarias que se estipulen no presente convenio.

Artigo 11º.-Compensación por vestiario.

Co obxecto de que todo o persoal adquira e use as roupas, luvas e calzados adecuados para o traballo que realice, aboarase en nómina, calquera que sexa a súa xornada laboral e baixo o epígrafe de vestiario, a cantidade de 2.380 ptas. mensuais. A dita percepción terá carácter extrasalarial, para tódolos efectos.

Artigo 12º.-Día da patroa.

Establécese como día festivo non recuperable, o día 16 de xullo, día da virxe do Carme, sempre e cando se chegue ó acordo e descansen os traballadores da colla.

III. Condicións económicas.

Artigo 13º.-Retribucións.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá, segundo a súa categoría laboral, o salario base que se especifica na táboa salarial anexa.

O pagamento dos atrasos correspondentes por aplicación da dita táboa desde o primeiro do ano serán aboados no mes de outubro de 1995.

Revisión salarial. No suposto de que o IPC rexistrase un incremento superior ó 4% para 1995, efectuarase unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a indicada cifra, servindo como base de cálculo a mesma táboa salarial utilizada para realiza-los aumentos pactados no presente convenio.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado polo presente convenio percibirá tres pagas extraordinarias, baixo a denominación de xullo, Nadal e beneficios, que consisten en 30 días de salario máis antigüidade e que se farán efectivas os días 15 de xullo, 20 de decembro e 31 de marzo, respectivamente.

Artigo 15º.-Antigüidade.

En concepto de antigüidade aboaranse cuadrienios que se acumularán a todo productor ata a súa xubilación, e fixarase o valor de cada cuadrienio nun 6% sobre a remuneración que a cada categoría corresponde.

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

Consideráranse horas extraordinarias aquelas que superen as 36 horas de traballo efectivo no seu cómputo semanal e terase en conta, polo tanto, o pactado ó respecto sobre flexibilidade de xornada, sen que iso signifique variación ou deterioración do disposto legalmente de considerarse hora extraordinaria aquela que supere as 9 horas de traballo efectivo diario.

Fíxase un incremento do 100% para as dúas primeiras horas extraordinarias e do 200 % para as restantes.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Cando por necesidades de traballo teña que efectua-lo traballador o seu xantar ou cea fóra do domicilio a empresa estará obrigada a aboarlle ó traballador o importe de 2.000 ptas. por cada unha delas.

Artigo 18º.-Prima en especie.

Respectarase, onde exista, o costume de facilitarlle peixe ós traballadores para o seu consumo propio.

Artigo 19º.-Plus de transporte.

Os traballadores afectados polo presente convenio percibirán por tal concepto, calquera que sexa a súa xornada laboral, a cantidade de 11.902 ptas. mensuais, excepto en vacacións e pagas extraordinarias.

Artigo 20º.-Complementos, prestacións, Seguridade Social.

As empresas aboaranlles ós seus traballadores en situación de incapacidade laboral transitoria (ILT), a diferencia entre as prestacións económicas da Seguridade Social que lle correspondan e o seu salario máis antigüidade.

Para evita-lo absentismo fraudulento ou reiterado, a comisión mixta constituirase en comisión de vixilancia, actuando no caso de denuncia do empresario, e quedando facultada para anularlle este beneficio ó traballador en cada caso concreto.

Artigo 21º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio colectivo de ámbito provincial para as empresas que teñan como actividade o comercio de exportación por xunto de peixe fresco, situadas na provincia de Pontevedra, e subscrito pola Asociación de Comercializadores de Pescado de Vigo, Acopevi e Comisións Obreiras, CC.OO., de conformidade co disposto no artigo 85, apartado a, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas vinculadas polo presente convenio colectivo estarán obrigadas a facilita-la realización dun recoñecemento médico con carácter anual, que se efectuará nas respectivas entidades aseguradoras de cada empresa. O tempo empregado en cada recoñecemento será contabilizado como tempo de traballo.

Artigo 23º.-Formación profesional.

Establecerase unha comisión paritaria de formación, con funcións de planificación, negociación e xestión dos cursos de formación: e aprobarase un plan de formación do sector, cos representantes dos traballadores.

IV. Disposicións derradeiras.

Artigo 1º.-En todo o non previsto no presente convenio observarase o que dispón a ordenanza de traballo de comercio, Estatuto dos traballadores e normas complementarias.

Artigo 2º.-No caso de que por incremento do salario mínimo interprofesional garantido, se modificasen os correspondentes a algunha/s categorías laborais, manteranse as diferencias absolutas existentes no momento da súa entrada en vigor entre as categorías laborais.

Táboas salariais

Empresas comercializadoras por xunto de peixe fresco.

Categorías profesionais

1) Xefe/a administrativo/a.87.532

2) Oficial/a.81.210

3) Auxiliar.71.839

4) Comprador/a.87.455

5) Encargado/a.87.455

6) Conductor/a.84.333

7) Mozo/a.81.945

8) Empacador/a.81.536

6880