Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 10 novembro de 1995, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Santa Eulalia de Codeso e San Lourenzo de Pousada (Boqueixón-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa Eulalia de Codeso e San Lourenzo de Pousada (Boqueixon-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 464/1990 do 27 de setembro (DOG nº 198 do 8 de outubro de 1990), que a xunta local da zona, na súa reunión do 24 de outubro de 1995, aprobou as bases definitivas de

concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Boqueixón e nos lugares de costume da parroquia durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia e no BOP, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar no local do concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), á clasificación de terras e á fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer-lo recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, dentro do prazo dos trinta días sinalados, na Xefatura de Estructuras Agrarias (Edificio administrativo, Monelos s/n, 6ª planta, A Coruña) ou nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

A Coruña, 10 de novembro de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

95-8122