Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Instituto Galego de Arqueoloxía Profesional-IGAP.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da asociación Instituto Galego de Arqueoloxía Profesional -IGAP- que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos empresarios domiciliados na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan como actividade principal a intervención e xestión no patrimonio histórico e arqueolóxico, así como fomenta-la solidariedade e colaboración entre elas.

Asinan a acta de constitución: Ángel Acuña Piñeiro e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

8102