Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica prego de cargos que se formula no expediente sancionador VP-PO-7/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Pascual Nogueira Domínguez, con domicilio na rúa Bélxica, nº 78, 2ºD, en Monteporreiro, Pontevedra, o prego de cargos que se formula no expediente sancionador VP-PO7/1994 incoado por posible infracción do réxime legal que regula as vivendas de protección oficial.

Prego de cargos.

Non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, infracción considerada como moi grave no punto terceiro do artigo 56 do Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda.

Polo tanto, concédeselle un prazo de oito días, para que realice as alegacións que crea precisas e propoña a práctica das probas que considere oportunas para o seu descargo.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común poderá comparecer ante esta delegación para facer efectivo o trámite de audiencia ó interesado, para os efectos de presenta-los documentos e xustificación que considere pertinentes na defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 28 de novembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

8104