Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra pola que se anuncia a incoación de expedientes sancionadores e prego de cargos a adxudicatarios de vivendas de protección oficial de promoción pública.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle ás persoas que se citan a continuación a incoación de expediente sancionador, por posible infracción do réxime legal que regula as vivendas de protección oficial, e formúlaselle-lo correspondente prego de cargos.

Así mesmo, desígnase instructor e secretaria do expediente sancionador a Xabier López-Acevedo Revilla e Marta Fernández Torquemada, respectivamente, o que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita lei.

Expediente: VP-PO-4/1995

Denunciado: Carmen Ribada Rey

Enderezo: r/ Irlanda, G-1, baixo A. Monteporreiro-Pontevedra.

Expediente: VP-PO-6/1995

Denunciado: Mª Luisa del Moral León

Enderezo: r/ Bélxica, Bq.1, P-3, 3ºB. Monteporreiro-Pontevedra.

Expediente: VP-PO-8/1995

Denunciado: Ramón Carballo Sortela

Enderezo: r/ Bélxica, Bq.1, P-3, 2ºA. Monteporreiro-Pontevedra.

Expediente: VP-PO-12/1995

Denunciado: Ramón González Gil

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, Bq.1, P-7, 2ºC. Vilagarcía de Arousa.

Expediente: VP-PO-14/1995

Denunciado: Elvira Barcia Castro

Enderezo: r/ Fermín Bouza Brey, Bq.1, P-5, 2ºB. Vilargarcía de Arousa.

Expediente: VP-PO-21/1995

Denunciado: Esperanza Álvarez Rey

Enderezo: r/ Bélxica, 15, P-1, baixo A. Monteporreiro-Pontevedra.

Prego de cargos.

Non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, infracción considerada como moi grave no punto terceiro do artigo 56 do Real decreto 3148/78, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda.

Polo tanto, concédeselles un prazo de oito días, a partir do seguinte ó da súa publicación, para que formulen as alegacións que consideren oportunas para a súa defensa.

No caso contrario, seguirá o seu curso o expediente.

Pontevedra, 28 de novembro de 1995.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado Provincial de Pontevedra

8003