Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso aberto, do servicio de limpeza da sede da Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en Lugo.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do director xeral do IGVS, do 27 de novembro de 1995, adoptada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foille adxudicado o contrato á empresa Jofra, S.A., por un importe de seis millóns duascentas sesenta

mil pesetas (6.260.000), IVE incluído, para un prazo de execución de dous anos.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 1995.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9508349