Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia da Universidade de Santiago de Compostela.

Expediente número: 666/1995.

Obxecto: servicio de vixilancia da Universidade de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación:

-Polo servicio de vixilancia e protección de bens e establecementos da Universidade de Santiago de Compostela 72.713.000 ptas. anuais, IVE incluído.

-Polo servicio de vixilancia e custodia de obxectos valiosos nas sedes das exposicións do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela (Colexio de Fonseca, San Martiño Pinario, Igrexa da Universidade) 2.191.000 ptas. mensuais, IVE incluído.

Garantía provisional: polo primeiro servicio, 1.454.260 ptas.

Garantía provisional: polo segundo servicio, 394.380 ptas.

Pregos de cláusulas: tódolos interesados poderán consultar ou recolle-los pregos na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (Galerías Pronovias), Santiago de Compostela.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade, (Rectorado, Praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do Campus Universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do Complexo da Facultade de Veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

A solvencia técnica acreditarase por:

-Relación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato.

-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

-Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integradas directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

-Declaración que indique a media anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos.

-Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoñe o empresario para a realización do contrato.

-Declaración das medidas adoptadas polo empresario para controla-la calidade, así como dos medios de estudio e de investigación de que dispoñan.

A solvencia económica e financeira acreditarase por:

-Informe de institucións financeiras ou, se é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

-Tratándose de sociedades, presentación de balances, no suposto de que a publicación deles sexa obrigatoria nos estados onde aquelas se encontren establecidas.

-Declaración realtiva á cifra de negocio global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1995.

P.D. (Resolución 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

8119