Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 22 de decembro de 1995 Páx. 9.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (Expediente FG número 243).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 2 de novembro de 1995, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a unidade de actuación nº 34 (predio denominado Guyatt), en Perillo.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 23 de novembro de 1995.

Angel García Seoane

Alcalde-Presidente

95-08341