Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de decembro de 1995 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o ingreso nos corpos xerais da Administración autonómica de Galicia.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

De conformidade co dito precepto e en cumprimento das competencias atribuídas no artigo 1º, apartado b) da Orde do 4 de abril de 1990 do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, oída a Comisión Superior de Persoal,

Esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o ingreso nos corpos xerais da Administración autonómica de Galicia creados polo artigo 19 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e que se publican como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 1995

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (Grupo A).

I. Dereito constitucional, organización do Estado e dereito administrativo.

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. Liñas fundamentais do constitucionalismo español. Os principios constitucionais. O Estado español como estado social e democrático de dereito. A reforma constitucional.

2. Os dereitos fundamentais: evolución histórica e conceptual. Os dereitos fundamentais da Constitución española. Garantías e tutela. A participación social na actividade do Estado.

3. O modelo económico da Constitución española. Principios informadores e obxectivos específicos.

4. A Coroa. Atribucións segundo a Constitución española.

5. As Cortes Xerais. Congreso dos Deputados e Senado. Composición e funcións. Aspectos básicos do procedemento de elaboración e aprobación de leis. A función parlamentaria de control do Goberno en España: distintas modalidades. Órganos dependentes das Cortes Xerais: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo.

6. O Tribunal Constitucional. Organización. Presupostos materiais e procedementos dos recursos perante o tribunal. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os Tribunais Superiores de Xustiza. O Ministerio Fiscal.

7. O Goberno. O presidente do Goberno. Funcións, réxime e potestades no sistema constitucional español. Composición do Goberno. Administración e constitución: principios constitucionais informadores.

8. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos. Os organismos autónomos e as sociedades estatais: regulación e situación actual. Órganos consultivos da Administración do Estado: o Consello de Estado e outros órganos consultivos.

9. As fontes do dereito administrativo. A primacía das fontes escritas no dereito administrativo. O valor do costume e dos principios xerais.

10. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos.

11. O regulamento: clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

12. A relación xurídico-administrativa. Concepto. Suxeitos da relación xurídico-administrativa: as administracións públicas. O administrado. Situacións xurídicas dos administrados.

13. O principio de legalidade na Administración. Atribucións de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. Relacións entre Administración e Xustiza. O poder de autotutela da Administración.

14. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma.

15. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución. Nulidade de pleno dereito. Anulabilidades. Revogación e revisión de oficio.

16. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

17. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

18. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso ordinario e de revisión.

19. A xurisdicción contencioso-administrativa: concepto e natureza. O recurso contencioso-administrativo: partes, actos impugnables, procedemento. Recursos contra sentencias. Execución de sentencias.

20. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos.

21. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

22. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Contido. O procedemento expropiatorio en xeral. Garantías xurisdiccionais.

23. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

24. A actividade administrativa: a clasificación tradicional das formas de acción administrativa. O fomento: manifestacións máis importantes da acción administrativa de fomento.

25. A actividade administrativa de policía no estado de dereito. Os poderes de policía nas distintas administracións públicas. Manifestacións máis importantes da acción de policía.

26. A potestade sancionadora da Administración. Procedemento sancionador. Principios xerais. Sancións administrativas.

27. A actividade administrativa de servicio público. Teoría xeral. Formas de xestión dos servicios públicos. Especial referencia ás autorizacións e concesións.

28. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

29. Función pública e burocracia. A relación de servicio entre a Administración e os empregados públicos: réxime estatutario e dereito laboral. A reforma da función pública española de 1984, modificacións sucesivas e especial referencia á Lei 22/1993, do 29 de decembro. Estructura da función pública española. Órganos superiores da función pública.

30. Selección dos funcionarios públicos. Adquisición da condición de funcionario. Formación e perfeccionamento. A carreira administrativa. Provisión de postos de traballo e promoción profesional. Plans de emprego. Situacións administrativas. Función pública do Estado e autonómica.

31. Os dereitos dos funcionarios públicos. Os dereitos de sindicación e folga. A Seguridade Social. Deberes. Réxime de incompatibilidades. Respon

sabilidade e réxime disciplinario. Extinción da relación funcionarial.

II. Dereito autonómico e estatutario galego.

A) Parte xeral.

32. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das Autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución.

33. A autonomía política. Principios xerais: xurisprudencia constitucional. Vías de acceso á autonomía. Os estatutos de autonomía: contido. Procedemento de elaboración e reforma dos estatutos.

34. A Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

35. Bases fundamentais da Autonomía galega: o territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a administración pública como garantía deles. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais.

36. Organización política das comunidades autónomas. As institucións de autogoberno de Galicia: descrición. Sede. A Administración de Xustiza en Galicia.

37. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

38. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

39. Competencias das comunidades autónomas. As transferencias de competencias do Estado ás comunidades autónomas. Reserva de competencias estatais: normativa básica. Leis de harmonización.

40. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencias e de delegación.

41. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración pública galega. A Administración central. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica da Comunidade Autónoma.

42. A Administración institucional. As corporacións de dereito público de Galicia. As fundacións de interese galego.

43. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas: os mecanismos de cooperación e coordinación. O control sobre a actividade das comunidades autónomas. As relacións entre comunidades autónomas. As relacións entre as comunidades autónomas e a Administración local.

44. Financiamento das comunidades autónomas. Regulación constitucional. A LOFCA. O financiamento da Comunidade de Galicia.

45. A Lei 11/1992 do 7 de outubro do réxime financeiro e presupostario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario: o Consello de Contas, a súa elaboración e tramitación.

46. A función pública galega: bases do seu réxime xurídico. Persoal funcionario e persoal laboral. A xestión do persoal ó servicio da Xunta de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

47. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

B) Parte especial.

48. Administración territorial: organización territorial. Réxime local. Xustiza e interior: policía autonómica. Bases do réxime de xogos e apostas. Medio ambiente e protección civil.

49. Ordenación do territorio. Solo e ordenación urbana. Vivenda.

50. Obras públicas. Estradas. Transportes. Obras hidráulicas. Portos.

51. Agricultura. Estructuras agrarias. Arrendamentos rústicos. Concentración parcelaria. Desenvolvemento rural. Gandería. Vías pecuarias.

52. Industrias agrarias. Producción e comercialización agropecuaria. Producción forestal. Os montes veciñais en man común. Aproveitamentos forestais.

53. Pesca, marisqueo e acuicultura: ordenación xurídica e réxime das sancións.

54. Industria e enerxía. Minas.

55. Comercio interior. Comercio exterior. Defensa da competencia. Disciplina do mercado.

56. Educación non universitaria.

57. Universidades e investigación.

58. Saúde pública. Sanidade interior. Seguridade Social.

59. Consumo. O Estatuto galego do consumidor e usuario.

60. Traballo e emprego: servicios sociais. Asistencia social.

61. Cultura. Patrimonio histórico e documental. Deportes.

62. Medios de comunicación social. Turismo. Tempo libre.

63. Administración financeira. As caixas de aforro de Galicia. Administración económica. A planificación da actividade económica. O sector público da economía galega.

III. Dereito local, das Comunidades Europeas e laboral. Xestión financeira e socioloxía.

64. As administracións locais: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución

de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local.

65. O municipio. Poboación municipal, organización e competencias. Eleccións municipais.

66. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

67. Funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

68. Os bens das entidades locais. As facendas locais.

69. A Constitución e a acción exterior do Estado. Os tratados internacionais. As comunidades autónomas e a acción exterior do Estado.

70. As Comunidades Europeas. Natureza, obxectivos e fins. Nacemento e fases da súa evolución. A Acta Única Europa. O Tratado da Unión Europea.

71. Fontes do dereito comunitario. Tipoloxía, características e efectos. A integración do dereito comunitario en España.

72. As institucións comunitarias e o seu funcionamento: o Consello, a Comisión, o Parlamento, o Tribunal de Xustiza e o Tribunal de Contas.

73. As competencias da Comunidade. O marco de atribucións concedidas polos tratados. O desenvolvemento das competencias comunitarias. As relacións entre a competencia comunitaria e a competencia nacional. Participación dos entes territoriais non estatais no proceso decisorio.

74. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

75. Integración de España nas Comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás Comunidades Europeas.

76. O dereito do traballo: especialidade e caracteres. As fontes do dereito do traballo. Os convenios colectivos. O contrato de traballo. Concepto. Natureza. Suxeitos. Forma. Contido e réxime xurídico.

77. Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contratos formativos: contrato de traballo en prácticas e contrato de traballo de aprendizaxe. Contrato de traballo a tempo parcial e de relevo.

78. Condicións de traballo: xornadas, descanso e réxime retributivo. Réxime de representación de persoal.

79. Suspensión e extinción do contrato de traballo. Réxime disciplinario laboral. Xurisdicción social e administración laboral.

80. A Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización. Acción protectora: continxencias e prestacións.

81. O presuposto: concepto e xustificación. Principios orzamentarios. Crise do orzamento clásico e novas técnicas orzamentarias. Concepto clásico e evolución das fontes do orzamento.

82. A Lei xeral orzamentaria: características e estructura. A Lei anual de orzamentos xerais do Estado. Estructura do orzamento de ingresos do Estado e dos seus organismos autónomos. Estructura do orzamento de gastos do Estado e dos seus organismos autónomos.

83. Elaboración da Lei anual de orzamentos: situación actual. Problemas presentados e posibles liñas de reforma. Tramitación parlamentaria.

84. Modificacións orzamentarias. Execución do orzamento. Liquidación do orzamento e rendición de contas.

85. O orzamento por programas en España: descrición e análise. O control orzamentario: o control previo e o control posterior. Tipos de controles: financeiro, de eficacia e de eficiencia.

86. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. O sistema tributario español.

87. A socioloxía como ciencia. Método científico e método da socioloxía. A investigación social. Teoría e investigación empírica nas ciencias sociais.

88. Cultura e sociedade . Personalización e socialización. Clases e sistemas de socialización. Institucións básicas da socialización; educación e familia.

89. A estratificación social. Os procesos de mobilidade social. As clases dominantes e a estructura de poder.

90. Conflicto e consenso social. A lexitimación do sistema social. O cambio social: factores explicativos.

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (Grupo B).

I. Dereito constitucional e organización do Estado.

Dereito administrativo

1. As Comunidades Europeas: sistema institucional. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. Políticas comunitarias. Incidencia no ordenamento interno.

2. Consideracións xerais sobre o constitucionalismo en España. A Constitución de 1978: caracteres, estructura e contido: os principios xerais do título preliminar.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. A reforma da Constitución.

4. A Xefatura do Estado: a Coroa. Funcións constitucionais do rei. Sucesión e rexencia. O referendo.

5. As Cortes Xerais. Composición e atribucións do Congreso e do Senado. O Defensor do Pobo.

6. O Goberno e a Administración. Relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

7. O poder xudicial. O principio de unidade xurisdiccional. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal. A organización xudicial española.

8. A Administración central do Estado. O Consello de Ministros. O presidente do Goberno. Os ministros. Secretarios de Estado. Subsecretarios e directores xerais. Outros órganos da Administración central. A Administración periférica do Estado.

9. A Administración institucional: concepto e clasificación dos entes públicos non territoriais. Os organismos autónomos. A Administración consultiva: o Consello de Estado.

10. O ordenamento xurídico-administrativo. A constitución como norma xurídica. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos-leis e decretos lexislativos. O regulamento: concepto e clases. Límites da potestade regulamentaria.

11. A relación xurídico-administrativa. Suxeitos. A Administración como persoa xurídica. O administrado: concepto e situacións xurídicas.

12. O principio de legalidade na Administración. Atribucións de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. Relacións entre Administración e Xustiza. O principio de autotutela.

13. O acto administrativo. Concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. A eficacia e executividade do acto administrativo. Procedemento de execución. Nulidade de pleno dereito, anulabilidade. Revisión de oficio e revogación dos actos administrativos.

14. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

15. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Especial referencia ó silencio administrativo. As reclamacións previas ó exercicio das accións civís e laborais.

16. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais dos recursos administrativos. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso ordinario e de revisión. Breve referencia ó recurso contencioso-administrativo.

17. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación.

18. Contido e efectos dos contratos administrativos: prerrogativas da Administración e equilibrio financeiro. Cumprimento dos contratos administrativos. Risco e ventura e forza maior na contratación administrativa. Revisión de prezos. Resolución, rescisión e renuncia.

19. A expropiación forzosa. Potestade expropiatoria. Natureza e xustificación. Suxeitos, obxecto e causa. Contido. O procedemento expropiatorio en xeral. Garantías xurisdiccionais.

20. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante. Suxeitos imputables

e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

21. As formas de acción administrativa. O fomento. A policía. A actividade administrativa de servicio público. Teoría xeral. Formas de xestión dos servicios públicos en particular. Especial referencia ás autorizacións e concesións.

22. As propiedades administrativas en xeral. Clases. O dominio público: concepto, natureza xurídica e elementos. Réxime xurídico do dominio público.

II. Dereito autonómico e estatutario galego. Dereito local. Xestión de persoal. Dereito laboral e seguridade social. Xestión financeira. Socioloxía

23. A distribución territorial do poder do Estado: análise histórica e evolución. Os diversos modelos existentes. O Estado das Autonomías. Precedentes histórico-constitucionais. A súa regulación na Constitución de 1978. A autonomía política. Principios xerais.

24. Vías de acceso á autonomía. Procedemento de elaboración e reforma do Estatuto. A Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

25. Bases fundamentais da Autonomía galega: o territorio, os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as línguas oficiais.

26. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno: descrición. Sede. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

27. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

28. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego. Supletoriedade do dereito estatal. As leis estatais marco, de transferencia e de delegación.

29. A Administración pública de Galicia. As consellerías: organización e estructura. A Administración periférica. A Administración institucional.

30. Financiamento das comunidades autónomas. Regulación constitucional. A LOFCA. O financiamento da Comunidade Autónoma de Galicia.

31. A Lei 11/1992 do 7 de outubro do réxime financeiro e orzamentario de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario: o Consello de Contas.

32. A función pública galega. Persoal funcionario. Sistema de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas dos funcionarios. Os dereitos e deberes dos funcionarios. Réxime disciplinario. Persoal laboral. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

33. As administracións locais. O municipio. Poboación municipal: organización e competencias. Eleccións municipais. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia á comarca e á parroquia.

34. O funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das corporacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos. Os bens e a facenda local.

35. Réxime xurídico do persoal ó servicio das administracións públicas. A Lei de medidas para a reforma da función pública e normas posteriores. Órganos superiores da función pública. Programación, rexistro de persoal e ofertas de emprego público.

36. O persoal funcionario ó servicio das administracións públicas. Selección. Provisión de postos de traballo. Promoción profesional dos funcionarios. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situación dos funcionarios. Supostos e efectos de cada unha delas.

37. Dereitos e deberes dos funcionarios. Sistema de retribucións e indemnizacións. As incompatibilidades. Réxime disciplinario. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Especialidades no seu réxime xurídico. O réxime especial da seguridade social dos funcionarios civís do Estado. Os dereitos pasivos.

38. Os convenios colectivos. O contrato de traballo. Modalidades do contrato de traballo. O traballo directivo. Contratos formativos: contrato de traballo en prácticas e contrato de aprendizaxe. Contrato de traballo a tempo parcial e de relevo.

39. Condicións de traballo: xornadas, descanso e réxime retributivo. Réxime de representación de persoal. Suspensión e extinción do contrato de traballo. Réxime disciplinario laboral. Xurisdicción social e Administración laboral.

40. A Seguridade Social. Réxime xeral. Afiliación e cotización. Acción protectora: continxencias e prestacións. Réximes especiais: enumeración. As entidades xestoras. Servicios comúns: enumeración. Natureza, organización e funcións. Colaboración na xestión.

41. O orzamento. Concepto e clases. O orzamento do Estado. A súa estructura. O ciclo orzamentario.

42. Os créditos orzamentarios. Modificación dos créditos iniciais. Gastos plurianuais. Anulación de remanentes. Incorporación de créditos. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos da tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

43. Orzamentos por programas. Obxectivos. Programas e a súa avaliación. Orzamentos en base cero. Obxectivos. Unidades e paquetes de decisión. Asignación de prioridades.

44. Contabilidade pública. Concepto. Contabilidade preventiva, executiva e crítica. Ingresos orza

mentarios, créditos orzamentarios e remanentes de crédito. Devolucións de ingresos. Contraído, formalización, intervención.

45. As contas de contabilidade pública. A planificación contable. Plan xeral de contabilidade pública. Ámbito e contido do plan. Obxectivos. Criterios de valoración.

46. Ordenación do gasto e ordenación do pagamento. Órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Liquidación e peche do exercicio. Control do gasto público en España. Especial referencia ó control de legalidade. O Tribunal de Contas. Gastos para a compra de bens e servicios. Gastos de transferencias: correntes e de capital. Gastos de investimento.

47. Pagamentos: conceptos e clasificación. Pagamentos por obrigas orzamentarias. Pagamentos en firme e a xustificar. Xustificación de libramentos.

48. Retribución dos funcionarios públicos. Nóminas: estructura e normas de confección. Altas e baixas. A súa xustificación. Soldos, trienios, pagas extraordinarias, complementos, indemnizacións por residencia e outras remuneracións.

49. A socioloxía como ciencia. Método científico e método da socioloxía. A investigación social. Teoría e investigación empírica nas ciencias sociais.

50. Cultura e sociedade. Personalización e socialización. Clases e sistemas de socialización. Institucións básicas da socialización; educación e familia.

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da administración da Xunta de Galicia (Grupo C).

I. Dereito constitucional e organización do Estado.

1. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

2. A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

3. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. A organización xudicial española.

4. O Goberno e a Administración. Designación, duración e responsabilidade do Goberno.

5. A Administración central do Estado. O Consello de Ministros. O presidente do Goberno. Os ministros. Os secretarios de Estado. Os subsecretarios e demais órganos administrativos.

6. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno e os gobernadores civís. Outros órganos periféricos.

7. A organización territorial do Estado na Constitución. Comunidades Autónomas. A Administración local: provincia, municipio.

8. A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. A xurisprudencia do Tribunal Constitucional sobre as linguas oficiais. As competencias da comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

9. A Comunidade Autónoma de Galicia (II). A Administración autonómica. Organización e estructura das consellerías. A Administración institucional da Comunidade.

II. Dereito administrativo.

10. As fontes do dereito administrativo. A xerarquía das fontes. A Constitución. A lei. Disposicións normativas con forza de lei. O regulamento.

11. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Eficacia e validez dos actos administrativos. A súa motivación e notificación. Revisión, anulación e revogación.

12. O procedemento administrativo como garantía. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: contido e ámbito de aplicación. Iniciación, ordenación, instrucción e terminación do procedemento administrativo.

13. Os recursos administrativos: concepto e clases. Recurso ordinario e de revisión. A xurisdicción contencioso-administrativa.

14. Os contratos administrativos: concepto e clases. Estudio dos elementos. O seu cumprimento. A revisión de prezos e outras alteracións contractuais. Incumprimento dos contratos administrativos.

III. Xestión de personal.

15. O persoal funcionario ó servicio das administracións públicas. Selección. Provisión de postos de traballo. Promoción profesional dos funcionarios. Adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións dos funcionarios: supostos e efectos de cada unha delas.

16. Dereitos e deberes dos funcionarios. Sistemas de retribucións e indemnizacións. As incompatibilidades. Réxime disciplinario. Faltas, sancións e procedemento.

17. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Selección. Dereitos, deberes e incompatibilidades. O contrato laboral: contido, duración e suspensión. Negociación laboral, conflictos. Convenios colectivos.

18. A función pública de Galicia. Bases do seu réxime xurídico. Órganos. O persoal funcionario. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. Promoción. Situacións administrativas.

19. O persoal laboral ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta.

20. O réxime da Seguridade Social dos funcionarios. MUFACE. O sistema de dereitos pasivos.

IV. Xestión financeira.

21. O orzamento: concepto e principios orzamentarios. Ciclo orzamentario. Orzamento por programas: concepto e obxectivo. Programación. Orzamento e control. O orzamento en base cero.

22. O orzamento do Estado. Características e estructura. A Lei 11/1992 do 7 de outubro do réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Os créditos orzamentarios. Gastos plurianuais. Incorporación de crédito. Créditos extraordinarios e suplementos de crédito. Anticipos de tesourería. Créditos ampliables. Transferencias de créditos. Ingresos que xeran crédito.

23. Ordenación do gasto e ordenación do pagamento. Órganos competentes, fases do procedemento e documentos contables que interveñen. Liquidación e cerramento do exercicio. Control do gasto público. Clases. Especial referencia ó control de legalidade. O Tribunal de Contas.

24. Retribucións dos funcionarios públicos e do persoal laboral ó servicio da Administración pública. Nóminas: estructura e normas de confección. Altas e baixas: a súa xustificación. Conceptos retributivos, o seu devengo e liquidación.

25. Gastos para a compra de bens e servicios. Gastos de transferencias: correntes e de capital. Gastos de investimentos. Pagamentos: conceptos e tipos. Pagamentos por obrigas orzamentarias. Pagamentos a xustificar. Xustificación de libramentos.

26. A execución orzamentaria e a contratación administrativa. Especial referencia ós contratos de obras, de xestión de servicios públicos e de subministracións. Os contratos de asistencia técnica con empresas consultoras e de servicios.

27. O Plan Xeral de Contabilidade Pública. Fins, obxectivos, ámbito de aplicación e características. Contabilidade orzamentaria e de xestión. Breve análise dos grupos de contas.

V. Seguridade Social.

28. O sistema español de Seguridade Social na Lei xeral da Seguridade Social: estructura e contido. Principios e obxectivos da Lei xeral da Seguridade Social. Estructura do sistema. Réximes especiais: características e enumeración. Sistemas especiais. A Seguridade Social na Constitución española.

29. Xestión da Seguridade Social. Entidades xestoras. Enumeración, natureza, organización e funcións. Servicios comúns: enumeración, natureza, organización e funcións. Colaboración na xestión.

30. Acción protectora. Incapacidade temporal. Invalidez.

31. Xubilación. Concepto. Beneficiarios. Feito causante, contía da pensión. Incompatibilidades. Morte e supervivencia: suxeitos causantes. Feito causante. Beneficiarios. Prestacións.

32. O procedemento laboral. A reclamación previa en materia de Seguridade Social. Proceso especial de Seguridade Social.

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (Grupo D).

1. Introducción á comunicación. A comunicación humana. A linguaxe como medio de comunicación. Diferencia entre información e comunicación. Tipos de comunicación: oral, telefónica. Atención ó público: acollida e información ó administrado. Os servicios de información administrativa.

2. Concepto de documento, rexistro e arquivo. Funcións do rexistro e do arquivo. Clases de arquivo. Especial consideración do arquivo de xestión.

3. Análise documental: documentos oficiais. Formación do expediente. Documentación de apoio informativo. Criterios de ordenación do arquivo. O arquivo como fonte de información: servicios de arquivo.

4. Aplicación das novas tecnoloxías á documentación de arquivo. Disposicións legais sobre normalización e procedemento: escritos oficiais.

5. O concepto de informática. Desenvolvemento histórico. A información e o ordenador electrónico. Nocións sobre microordenadores. Elementos físicos. Sistema operativo. Programas de aplicación.

6. A automatización de oficinas. Concepto e aplicacións. Sistemas físicos e lóxicos. O tratamento de textos. Arquivo e axenda electrónica. A folla electrónica de cálculo. Os gráficos de oficina e o correo electrónico.

7. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo. A Coroa.

8. As Cortes Xerais. Composición. Atribucións e funcionamento. A elaboración das leis. Os tratados internacionais.

9. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Tribunal Supremo. O Ministerio Fiscal.

10. O Goberno e a Administración. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. Os ministros. Secretarios de Estado e subsecretarios. Directores xerais. Órganos da Administración periférica.

11. A organización territorial do Estado na Constitución. A Administración local: a provincia e o municipio. As comunidades autónomas: a súa constitución, competencias. Os estatutos de autonomía.

12. A Comunidade Autónoma de Galicia (I). O Estatuto de autonomía. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. As competencias da Comunidade. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente.

13. A Comunidade Autónoma de Galicia (II). A Administración autonómica: organización e estructura das consellerías.

14. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases.

15. O persoal ó servicio das administracións públicas. O funcionario público: adquisición e perda da condición de funcionario. Situacións administrativas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. Réxime da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado. O sistema de dereitos pasivos.

16. A función pública de Galicia. Réxime xurídico. Persoal funcionario. Sistemas de acceso, provisión de postos de traballo, promoción, situacións administrativas.

17. O persoal laboral ó servicio das administracións públicas. Dereitos e deberes. Incompatibilidades. O contrato laboral: contido, duración e suspensión. Negociación laboral. Conflicto e convenios colectivos. O convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta.

18. O sistema español de Seguridade Social. Réxime xeral: acción protectora. Continxencias cubertas. Concepto e clases de prestacións. Xestión da Seguridade Social.

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo subalterno da administración da Xunta de Galicia (Grupo E).

1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos e liberdades fundamentais.

2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Os dereitos linguísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. O Parlamento de Galicia.

3. O concepto de administración pública. Diferentes tipos de administración: central, autonómica, local e institucional.

4. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Consello da Xunta e o seu presidente. As consellerías.

5. As normas xurídicas. A lei e o regulamento: concepto e clases.

6. O procedemento administrativo: concepto e principios xerais.

7. A función pública de Galicia. Dereitos e deberes dos funcionarios.

9508403