Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Mércores, 27 de decembro de 1995 Páx. 9.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE LUGO

EDICTO de notificación (16/1990).

Francisco Julián Hinojal Gijón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos dos que logo se fará mención, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Lugo, trinta de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Feitos: único.-Nos presentes autos recaeu sentencia con data tres de xullo pasado e no seu encabezamento designábase como parte demandante a comunidade de montes de Paleira, Momián e outros,

con domicilio en Trabada, cando en realidade debía designarse como Fernando Gómez Oliveros e outros 36 veciños máis da parroquia de Balboa-Trabada, intervindo cada un no seu propio nome e ó mesmo tempo en beneficio da comunidade veciñal asentada na dita parroquia. O dito erro material produciuse por simple equivocación á hora de transcribi-la sentencia e afecta o encabezamento e, conseguintemente, á súa decisión, como foi acertadamente destacado pola demandante.

Parte dispositiva:

Rectifícase o erro material apreciado na parte dispositiva e na decisión da sentencia recaída nos presentes autos, e substitúese o demandante que consta como común. Montes Paleira e outros, por Fernando Gómez Oliveros e outros 36 veciños da parroquia de Balboa-Trabada, intervindo cada un deles no seu propio nome e ó mesmo tempo en beneficio da comunidade veciñal asentada na dita parroquia, para os efectos da Lei 13/1989 da Xunta de Galicia, sobre montes veciñais en man común.

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito. E para que así conste e a súa inserción nos sitios públicos de costume, e lles sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, expido e asino o presente edicto en Lugo o dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Asinado

95-7928