Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Xoves, 28 de decembro de 1995 Páx. 9.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 25 de outubro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 322 de clasificación do monte de Montellos, pertencente ó lugar de Montellos, parroquia de Eirón, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase expediente número 322 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: monte de Montellos.

Comunidade: lugar de Montellos.

Parroquia: Eirón.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 56,50 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Outeiro e outros, nº 103-G do CUP.

Norte: con propiedades particulares dos veciños de Montellos, desde o piquete nº 67 ó 73 seguindo a orde de piquetes.

Leste: con muro que o separa de propiedades particulares dos veciños de Casais, desde o piquete nº 73 ó 82, seguindo a orde de piquetes.

Sur: con límite do concello de Negreira, desde o piquete nº 82 ó 84 seguindo a orde de piquetes. Con propiedades particulares de veciños de Montellos desde o nº 84 ó 92 seguindo a orde de piquetes. Con límite do concello de Negreira desde o piquete nº 92 ó 95 seguindo a orde de piquetes. Con monte de parroquia de Chacín, desde o piquete nº 95 e seguindo a liña do deslinde ata o punto de intersección do camiño que vai desde Montellos a Santabaia.

Oeste: con resto do monte Outeiro e outros, deste último punto e seguindo o camiño que vai de Montellos a Santabaia ata o piquete nº 67.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 25 de outubro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 25 de outubro de 1995.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

9508022